I Encontro de barranquismo
Detalles
- 29-06-2019 09:46 a 30-06-2019 09:46
Contactar
Detalles de la reserva
Reserve sus entradas
I Encontro de barranquismo
29-06-2019 09:46 a 30-06-2019 09:46
29 junio, 2019
000000
I Encontro de barranquismo
Días 29 e 30 de xuño de 2019
Actividades:
Sábado 29
09:00 Recepción das persoas participantes
10:30 Presentación da Guía de Barrancos e Canóns – Montañas do Courel Xeoparque Mundial da UNESCO
11:00 – 20:00 Actividade nos barrancos
20:30 Charla «O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel». Presentación oficial do vídeo sobre o Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel
21:30 Cea de confraternidade
Domingo 30
09:30 – 13:00 Actividade nos barrancos. Sorteo de material
Regulamento:
1. Poderán participar nesta actividades tod@s
@s deportista que o desexen, sempre e cando
acrediten no momento da súa inscrición ter
un seguro vixente que cubra a práctica desta
modalidade deportiva.
2. Os menores de idade precisan de permiso paterno e acudir tutelados por un adulto (que
custodiará o permiso paterno).
3. Non poderán asistir menores de 14 anos.
4. Os participantes virán equipados co seu material persoal completo de barrancos: traxe
de neopreno completo, casco, calzado axeitado e o material de progresión vertical, tanto individual
como colectivo en función das actividades que teñan previsto realizar (dúas cordas de 45 metros
son suficientes para facer calquera dos descensos propostos).
5. A organización non se responsabilizará de posibles accidentes. No momento de formalizar a
inscrición e recoller o material informativo, cada participante terá que asinar un documento de
descarga de responsabilidade e asunción do risco por parte da organización.
6. A inscrición realizarase ata o día 26 de xuño no correo electrónico
info@ribeirasacracourel.es Nesta inscrición constarán: nome e apelidos, DNI, idade, individual ou
dentro dun grupo e tipo de seguro vixente (que deberá presentarse no momento da chegada).
7. Por razóns organizativas no I ENCONTRO BARRANQUISTAS, establécese un límite de 60
prazas para participar. As prazas asignaranse por rigoroso orde de inscrición.
8. A organización encargarase de solicitar os permisos necesarios para a realización das
actividades. O permiso para a realización de descensos abarcará, para os participantes
nesta actividade, dende o sábado día 29 de xuño ata o domingo 7 de xullo.
9. Os barrancos propostos pola organización son os quince que figuran na guía BARRANCOS E
CANÓNS MONTAÑAS DO COUREL. PROXECTO DE XEOPARQUE MUNDIAL DA UNESCO, que se
entregará ao inicio da actividade:
-SECTOR SECEDA: Forgas do Fial e Veiga Darca.
-SECTOR FOLGOSO DO COUREL: Carballido Superior, Carballido Medio, Coiteladas, Fieiteiras,
Rego do Val, Eiriz e Inferno.
-SECTOR SEARA-FERRAMULÍN: Río Selmo e Aceval.
-SECTOR CAMPODOLA: Ferreiriño e Regueiro Seco.
-SECTOR SOLDÓN: Vilarmel e Fiais.
Para estes percorridos a organización solicitará permiso para os inscritos dende o sábado día
29 de xuño ata o domingo 7 de xullo.
10. Ao inicio da cada xornada os participantes indicarán aos membros da organización cal é a
súa previsión de actividade. Para evitar a aglomeración en determinados percorridos a organización
pode orientar aos participantes establecendo un número máximo de deportistas nun mesmo
descenso.
11. Na medida do posible a organización facilitará os desprazamentos en aqueles
percorridos que precisen a combinación de vehículos.
12. Cambiamos lixo recollido nos barrancos por produtos típicos do Territorio Montañas do
Courel.
13. Para finalizar a actividade haberá un sorteo de material no que participaran todos os inscritos
co número da súa inscrición.
14. Calquera situación ou dúbida non contemplada neste regulamento será resolta pola
organización.
15. A inscrición dos participantes leva implícita a aceptación destas bases.