Skip links

II Xornadas sobre o Paleolítico do Noroeste

II Xornadas sobre o Paleolítico do Noroeste

Baixo o título De costa a costa: Os territorios paleolíticos entre as beiras cantábrica e atlántica, os pasados días 27, 28 e 29 de Xullo de 2017 celebráronse en Triacastela, Lugo, as II Xornadas sobre o Paleolítico do Noroeste.

Organizadadas conxuntamente pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o GEPN-AAT. Universidade de Santiago de Compostela, o IPHES e o GDR Ribeira Sacra-Courel, estas xornadas estiveron adicadas a profundizar en común no coñecemento e interpretación actuais do fenómeno paleolítico en Galicia, o Cantábrico e o norte de Portugal. Contaron co apoio, como colaboradores, do Concello de Triacastela e a Diputación de Lugo.

Foron moitas as temáticas abordadas, entre elas, como de maior interese para a nosa zona, a transición Paleolítico medio/superior e a comparativa entre os modos de vida dos Neandertais e os Homo sapiens, ou a arte rupestre cantábrica, facendo especial fincapé na arte das últimas sociedades do Paleolítico, na que se insire polo menos unha parte das manifestacións gráficas da cova de Eirós.

Entre os poñentes das diferentes sesións, todos eles do maior nivel no eido dos estudos paleolíticos, destacaron pola súa proxección internacional o paleoantropólogo e arqueólogo estadounidense Geoffrey Clark, especialista en sociedades paleolíticas da Península Ibérica e Oriente Medio; o arqueólogo e documentalista británico Paul Bahn, experto na arte na éra Glacial; ou o portugués João Zilhão, un dos maiores expertos mundiais no home de Neandertal.

Podedes ver o programa e máis información en:
https://gepn.jimdo.com/arqueolox%C3%ADa-na-aula/ii-xornadas-paleol%C3%ADtico/

Leave a comment

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies