III Xornadas de Xeoloxía Montañas do Courel
III Xornadas de Xeoloxía Montañas do Courel
O noso proxecto de candidatura a Xeoparque tivo un impulso moi importante este mes de setembro coa organización das III Xornadas de Xeoloxía Montañas do Courel en Ribas do Sil.
Cunha asistencia de medio centear de persoas, e consistentes en dous días de charlas e un terceiro de ruta xeolóxica, estas xornadas foron inauguradas polo Teniente de alcalde de Ribas de Sil, D. Roberto Castro, con estas palabras: “Facémolo conxuntamente os tres concellos como se fosemos un, non hai cores, nin siglas, nin ideoloxías, o noso obxectivo é lograr esa denominación da Unesco no 2019 e xa estamos traballando como se fosemos un xeoparque”. Os tres concellos aos que se refiría Castro eran, por suposto, Ribas do Sil, Quiroga e Folgoso do Courel.
Tedes máis información e fotografías destes días de traballo e intercambio de ideas e proxectos na web de Ramón Vila Anca:
http://ramonvilaanca.blogspot.com.es/2017/09/iii-xornadas-xeoloxia-montans-do-courel.html