Skip links

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O 2026

Resolución do 30 de decembro de 2025

 

Quen pode solicitar a axuda?

O DOG publica este luns 2 de febreiro de 2026 a Resolución do 30 de decembro de 2025, pola que se fai público o Acordo do Consello de Dirección do 17 de decembro de 2025, mediante o cal se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC).

Así mesmo, a resolución anuncia a convocatoria das axudas para o ano 2026, correspondente ao código de procedemento MR701L. No marco da convocatoria de axudas da Intervención Leader 2026, xestionada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel, apoiamos iniciativas que impulsen o desenvolvemento económico, social e ambiental no noso territorio.

As persoas e entidades interesadas poden consultar o texto completo da resolución e as bases reguladoras no enlace do DOG.

Poderán solicitar estas axudas, sempre que desenvolvan o seu proxecto no ámbito territorial do GDR Ribeira Sacra-Courel e cumpran o establecido nas bases reguladoras:

  • As entidades públicas de carácter local ou comarcal.
  • Persoas físicas ou xurídicas de carácter privado (incluídas as CMVMC).

As axudas concederanse en réxime de subvención a fondo perdido, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC).

Prazo de solicitude: 2 meses
Data límite: ata o 6 de abril de 2026
Para máis información contacta en 982 884 691

Consulta aquí o texto completo no DOG

 

Convenio entre a Axencia Galega de Turismo e AGADER

Acordo de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a coordinación de actuacións públicas con incidencia no sector turístico promovidas no territorio de Galicia no marco do PEPAC 2023–2027, no ámbito territorial do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel.

Consulta o texto completo do Convenio

 

Baremo GDR Ribeira Sacra-Courel

Proposta de resolución sobre a aprobación dos criterios de selección e priorización de proxectos, así como das limitacións sectoriais, da Estratexia de Desenvolvemento Local do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel.

Consulta o texto completo do baremo

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies